A Cátedra Inditex, un “exemplo de colaboración público-privada”

Presenta Catedra Low

A Coruña, 8 de febrero de 2012. Esta mañá inaugurouse o Posgrado en Responsabilidade Social (Responsabilidade Social Corporativa o RSC/Responsabilidade Social Universitaria o RSU) da Cátedra Inditex, que iniciou as súas actividades docentes por medio dunha conferencia aberta ao público de Marta de la Cuesta. Antonio Abril, presidente do Consello Social, foi o encargado de presentar a Cátedra, todo “un exemplo da colaboración público-privada. Ambos son dous axentes da mesma sociedade, porque só existe unha sociedade civil, non varias. É tarefa de todos poñer en valor o ensino superior, porque é clave para o desenvolvemento da única sociedade na que vivimos”. “A cooperación e o entendemento son funcións da universidade, en canto o é a súa terceira misión: a aportacion por transferencia de coñecementos”. Abril engadiu que “hai unha gran distancia entre a universidade e a sociedade. E dende o Consello Social tenemos que enchela, porque nisto vainos a superación da crise. Este proxecto de formación en RS está dentro dos obxectivos do Consello de implantar unha cultura de RS e faise coa colaboración de Inditex”. O acto oficial arrancou co ciclo de conferencias En Código Aberto, da man de Marta de la Cuesta, directora da Cátedra Telefónica de Responsabilidad Corporativa y Sostenibilidad, quen aproveitou para felicitar á UDC, “por su esfuerzo en transparencia y rendición de cuentas”. “Esta Cátedra es un ejemplo necesario de transferencia de conocimiento”, precisou a autora de ‘Responsabilidad Social Universitaria 2.0’. Araceli Torres, vicerreitora do campus de Ferrol e de RS, Anxo Calvo, decano da Facultade de Economía e Empresa e a directora da Cátedra Inditex, Marta Rey, interviron tamén na sesión inaugural. Repercusions do acto na prensa galega, aquí.